O pasado sábado 20 de xuño varios representantes das Escolas Deportivas Lourenzá Mondoñedo estiveron na décima Guitiriz Termal.
Co título de Iria Rodríguez na categoría benxamín e Ainara Rodríguez na categoría infantil, os atletas do Maderas Barcia Lourenzá Mondoñedo volvían a estar unha semana máis no máis alto do pódio.
Ademais, Ian Méndez recollía un novo metal(bronce) na categoría benxamín masculino.
A E.D. Lourenzá Atletismo (adultos) lograba tamén uns excelentes resultados:
– Marcos Rodríguez obtiña a novena posición da xeral, quinto da súa categoría, ó percorrer 7,200 km nun tempo de 28,09 minutos.
– Loli Piñeiro, colábase segunda da categoría e terceira da xeral mentras Marisa Ares entraba en meta cuarta da xeral e terceira da súa categoría obtendo ámbalas dúas tres podios para o club.