Site icon Crónica3.com A Mariña

O Grupo Provincial Popular emite un comunicado en resposta ás acusacións de irregularidades na transformación do antigo hotel Miño na nova sede da UNED

Mércores, 24 de febreiro de 2016.- Ante as acusacións vertidas polo portavoz socialista do Goberno bipartito na Deputación de Lugo en relación coa denuncia formulada polo Grupo Provincial do PP sobre as presuntas irregularidades para transformar o antigo hotel Miño na nova sede da UNED en Lugo

Os populares aclaran que:

– Estase a falar cos servizos xurídicos para estudar a posibilidade de interpor accións xurídicas ante os tribunais polas presuntas irregularidades xa denunciadas ante a Fiscalía.

– Lamentamos que o bipartito saque peito dunhas obras que supuxeron un sobre custo dun 110% pasando de máis de 950.000 euros a dous millóns de euros.

– Cremos que o bipartito non pode estar orgulloso de case nada que teña que ver coa súa xestión, moito menos das obras públicas.

– O PP non vai pedir desculpas por ter posto en coñecemento a xestión na realización dunhas obras que alcanzaron un sobre custo dun 110% e que o propio decreto de Fiscalía indica que presentaba indicios claros de irregularidades.

– É labor de calquera representante público o de fiscalizar o traballo dos gobernos.

– Mantemos que a xestión neste caso por parte do bipartito ten sido nefasta, argumento incontestable.

– A propia resolución da Fiscalía recoñece que existiu algunha irregularidade e que se podía esixir un maior rigor no anteproxecto.

– Lamentar que a Deputación de novo actúe faltando á transparencia ao facer a comunicación antes aos medios de comunicación que ao Grupo Provincial do PP, que foi quen interpuxo a denuncia.

Exit mobile version