Con motivo do primeiro aniversario da tarxeta de fidelización Eroski Club, Eroski organizou unha promoción a nivel nacional con varios premios en xogo, entre os que destaca o de 12 pagas de 100 euros ao mes cada unha que se ingresan na tarxeta do cliente, é dicir, 1.200 euros ao ano, e que foi para María Chela González García, clienta do centro comercial Eroski Ribadeo.
María Chela recolleu o premio nas últimas horas acompañada de varias traballadoras do centro comercial, quen se mostraron moi satisfeitas por recaer o premio nun dos clientes do hipermercado.
O sorteo celebrouse ante notario en decembro de 2.015 e a única condición para participar era ser socio da Tarxeta Eroski Club e realizar algunha compra durante o periodo da promoción.