Ribadeo, 18 de febreiro de 2016. Unha clienta do hipermercado Eroski de Ribadeo gaña un premio de 12 pagas de 100 euros ao mes, na campaña de promoción da tarxeta de fidelización Eroski Club. A afortunada é María Chela González García, que recolleu o premio nas últimas horas neste establecemento ribadense.
Con motivo do primeiro aniversario da tarxeta de fidelización Eroski Club, Eroski organizou unha promoción a nivel nacional con varios premios en xogo, entre os que destaca o de 12 pagas de 100 euros ao mes cada unha que se ingresan na tarxeta do cliente, é dicir, 1.200 euros ao ano, e que foi para María Chela González García, clienta do centro comercial Eroski Ribadeo.
María Chela recolleu o premio nas últimas horas acompañada de varias traballadoras do centro comercial, quen se mostraron moi satisfeitas por recaer o premio nun dos clientes do hipermercado.
O sorteo celebrouse ante notario en decembro de 2.015 e a única condición para participar era ser socio da Tarxeta Eroski Club e realizar algunha compra durante o periodo da promoción.