Tomé Roca supervisou xunto á Alcaldesa vilalbesa, Marta Rouco, e a concelleiros e concelleiras de ambos municipios, as obras executadas en case 4 quilómetros desta vía provincial que conecta as parroquias de Corvite e Corvelle
Lugo, 19 de xullo de 2025. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, desprazouse aos concellos de Vilalba e Abadín para comprobar xunto coa Alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, e con concelleiros de ambos municipios, o resultado das obras de mellora executadas na estrada provincial LU-P-0106, que conecta Corvite, na estrada autonómica LU-113, con Martiñán, na estrada nacional N-634. A intervención contou cun orzamento de adxudicación de case 200.000€ e permitiu acondicionar case 4 quilómetros dunha vía que é estratéxica para a mobilidade e o desenvolvemento da comarca chairega.
Tomé Roca destacou que a actuación se centrou en dous treitos concretos da vía: desde o seu inicio ata o punto quilométrico 0,687 e desde o quilómetro 2,920 ata o 6,043. Os traballos realizados incluíron a reapertura de cunetas para unha mellor drenaxe, a pavimentación da calzada con aglomerado en quente para mellorar a seguridade e a comodidade na condución, e a renovación da sinalización horizontal mediante marcas reflexivas brancas que incrementan a visibilidade e a seguridade viaria, especialmente en condicións adversas.
O Presidente fixo fincapé en que esta obra representa unha mellora importante nas comunicacións entre os concellos de Abadín e Vilalba, xa que a estrada LU-P-0106 conecta a LU-113, que vai de Rozas a Abadín, coa estrada nacional N-634, unha das principais vías de comunicación do norte da provincia. A súa mellora facilita o tránsito diario de vehículos e persoas, tanto en desprazamentos particulares como profesionais, e contribúe á vertebración territorial da provincia.
Ademais do seu uso funcional, a estrada LU-P-0106 ofrece acceso a puntos de interese turístico, natural e patrimonial, como a Ruta dos Muíños, a Igrexa de San Pedro de Aldixe ou as parroquias de Corvite, en Abadín, e Corvelle, en Vilalba, que agora quedan mellor conectadas.
Este proxecto enmarcase dentro do compromiso da Deputación de Lugo coa mellora da rede viaria provincial, que supera os 4.200 quilómetros de extensión, como unha ferramenta esencial para garantir a igualdade de oportunidades no territorio, facilitar o acceso a servizos básicos e contribuír a fixar poboación no rural.





















Durante a xornada Lionel compartirá a súa experiencia no mundo da escrita, dando a coñecer os seus procesos creativos e as temáticas que caracterizan os seus libros. O acto incluirá un coloquio participativo cos asistentes do club onde poderán preguntar e intercambiar opinións co autor sobre o libro lido “A raíña das velutinas”.
Ao longo desta semana, máis de 40 científicas, divulgadoras, xornalistas e activistas participan nunha campaña simultánea en todo o Estado para achegar á cidadanía as consecuencias que os recentes ataques a Irán poden ter na vida cotiá. No marco desta iniciativa, celebrarase en Ribadeo un acto informativo o venres 17, na Escola Municipal de Música, ás 19:00 horas. Toda a información sobre o No Normal Tour está dispoñible en:
O sábado terá lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
O acto está organizado pola A.C. Francisco Lanza e contará coa participación de Dores Fernández Abel, en representación da entidade, xunto co autor da obra. Duarte Correa xa visitara Ribadeo no ano 2022 para ofrecer unha charla sobre a situación política internacional, centrada daquela na guerra de Ucraína. Nesta nova ocasión, o público poderá volver seguir a súa capacidade de análise e síntese, que lle permitirá ofrecer unha visión actualizada dun contexto xeopolítico en constante transformación.
A parada principal foi Cee, onde a expedición foi recibida no Museo Fernando Blanco, afondando nos vínculos históricos entre ambos municipios. Durante a visita, o director do centro destacou a “dobre conexión” entre Ortigueira e Cee, lembrando a figura de Manuel Rebollar, músico ortegán que dirixiu a Banda de Música de Cee entre 1927 e 1940. O recordo ao artista foi un dos momentos máis emotivos da xornada, ilustrando os lazos culturais que unen ás dúas localidades desde hai case un século.



