Foz, 24 de xullo, 2025. A casa da cultura Poeta Manuel María de Foz acolle entre 28 e 31 de xullo unha nova edición das xornadas de historia de Foz. A actividade está impulsada unha ano máis pola asociación A Pomba do Arco, que leva xa 28 anos organizando este evento.
As xornadas arrancan o 28 de xullo ás 23:30 cunha palestra da cantante Ugia Pedreira titulada “Achegamento á musica de tradición oral na Mariña”. Nela a música de Vilaronte analizará a relación entre a musicalidade da Mariña e do accidente asturiano ou a presenza da musica cubana na tradición popular da comarca. Na mesma liña, explicará a diferenza co resto da Galiza os as razóns da grande presenza de instrumentos como o acordeón diatónico.
Ugia Pedreira á unha das grandes referencias da musica galega contemporánea. Natural de Vilaronte (Foz), fixo parte de grupos como Chouteira, Nordestinas ou Martul, sendo a impulsora de proxectos chave da música galega como o Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín ou A Central Folque. Actualmente continúa a súa carreira musical en solitario, recibindo en 2022 o prestixioso Premio da Crítica da Galiza pola súa traxectoria de máis de 35 anos nos escenarios galegos
O martes 29 de xullo ás 20:30 intervirá o investigador laurentino Vidal Martínez-Sierra, quen se achegará á presenza dos maragatos na Mariña. A este respecto, Martínez-Sierra ten documentado que os maragatos comezaron a asentarse na comarca a finais do século XIX, ficando aínda na zona moitas familias desa orixe en localidades como Mondoñedo, Ribadeo, Foz, Lourenzá ou Cervo.
Vidal Martínez-Sierra, licenciado en Veterinaria e funcionario da Xunta da Galiza e alcalde de Lourenzá entre 1999 e 2012, desenvolve unha intensa labor como investigador sobre a historia da comarca da Mariña. Neste sentido, algúns dos obxectos do seu estudo son as empresas de transporte de viaxeiros na comarca, a emigración mariñá a América latina ou sociedades agrarias no período da I Restauración.
O mércores 30 de xullo ás 20:30 falará o escritor e cronista oficial de Antonio Reigosa. Na súa exposición, percorrerá o variado repertorio temático dos principais xéneros (mitos, lendas, contos, romances, cántigas…) da chamada literatura popular de tradición oral que forneceron ao longo do tempo os concellos que conforman a comarca da Mariña. A palestra de Reigosa permitirá recuperar algunhas das lendas e contos máis caros para os mariñaos.
Antonio Reigosa Carreiras, cronista oficial de Mondoñedo desde 2015, é escritor, investigador, relator e divulgador da mitoloxía e literatura de tradición oral galega. Colaborador habitualmente en prensa, radio e televisión, foi creador de revistas e mantedor-coordinador desde 2005 da enciclopedia virtual da fantasía popular ‘Galicia Encantada’. Especialista en literatura de tradición oral, foi responsábel da sección de Literatura de Tradición da AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega) desde 2007 a 2022.
As xornadas fecharaas o xoves 31 de xullo Manuel Miranda, que presentará unha palestra titulada “O patrimonio arqueolóxico de Foz”. A intervención de Miranda xirará sobre aqueles aspectos de máis relevo do patrimonio focego, reparando nos castros do municipio, nos xacementos que dan conta da presenza romana, nas antigas minas, nas covas ou en espazos de gran significación como a Frouseira, onde aínda se conservan os restos da fortaleza do mariscal Pedro Pardo de Cela
Manuel Miranda Ruiz é o presidente da asociación Mariña Patrimonio, desde onde leva anos impulsando unha importante labor de investigación, recuperación, defensa e posta en valor do patrimonio mariñán Froito dese traballo constante sobre o terreo localizou e descubriu un número considerábel de xacementos que non figuraban nos rexistros oficiais.
A nova das xornadas de historia acompáñase cunha foto do ano 1964, que se corresponde co acto de despedida aos Irmáns Menesianos, primeira congregación que xestionou o Colexio Martínez Otero, promovido por antigos alumnos no local da Peña da Rapadoira.



























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



