Nas próximas semanas tamén se celebrará no municipio unha xornada de iniciación á escalada e o Campionato Xunta de Galicia Optimist por Equipos de Clubes 2026 de vela
Cariño, 4 de xuño, 2026. O Concello de Cariño celebrará este sábado, 6 de xuño, a segunda edición do Triatlón de Menores, unha cita que volverá reunir no municipio a mozos e mozas deportistas procedentes de distintos puntos de Galicia e que consolida a aposta local polo deporte base.
A competición está organizada polo Concello de Cariño, a A.V. Concello de Cariño, a Federación Galega de Tríatlon e o Club Natación Cedeira. Ao longo da xornada disputaranse diferentes probas adaptadas ás idades e categorías das persoas participantes. Entre elas destaca unha proba de duatlón de promoción dirixida a prebenxamíns federados e a deportistas non federados desde categoría prebenxamín ata cadete, nados entre os anos 2011 e 2021. O percorrido estará composto por 100 metros de carreira a pé, 1.600 metros en bicicleta e outros 500 metros de carreira.
Así mesmo, celebraranse as probas correspondentes ao Circuíto Galego de Tríatlon de Menores para deportistas federados das categorías benxamín, alevín e infantil, dirixidas a nenos e nenas nados entre 2013 e 2018. O programa completarase cunha proba de tríatlon de promoción para categoría cadete destinada a participantes federados nados nos anos 2011 e 2012.
A saída das diferentes probas terá lugar na praia da Basteira a partir das 15:00 horas. A transición ao segmento ciclista situarase no paseo marítimo, fronte á Casa da Cultura. O percorrido en bicicleta discorrerá polo carril bici do paseo marítimo e polas rúas Río Sil, Avenida da Paz, Cabo Ortegal, Río Sor e a urbanización das Casas dos Mariñeiros. A carreira a pé desenvolverase integramente polo paseo marítimo, con meta situada nas inmediacións da praza do paseo.
A alcaldesa de Cariño, Ana María López, destacou a importancia deste tipo de iniciativas para fomentar a práctica deportiva desde idades temperás, afirmando que “estamos muy orgullosos de volver a acoger una competición que reúne a tantos niños y niñas en torno a valores tan importantes como el esfuerzo, la superación personal y el compañerismo. Este triatlón se ha convertido ya en una cita destacada dentro del calendario deportivo local y contribuye también a proyectar la imagen de Cariño como un municipio comprometido con el deporte y con la infancia”, sinalou.
A rexedora quixo ademais agradecer a implicación de todas as entidades organizadoras e colaboradoras, así como a comprensión da cidadanía ante as restricións que esixe o desenvolvemento da proba. “Pedimos la colaboración de los vecinos y vecinas para garantizar que la jornada transcurra con total normalidad y, sobre todo, con la máxima seguridad para los participantes. Estamos convencidos de que será una gran fiesta del deporte”, engadiu.
Dispositivo de tráfico
Con motivo da celebración do evento, o Concello solicita a colaboración de toda a veciñanza e lembra que o circuíto permanecerá pechado ao tráfico por razóns de seguridade. Desde as 20:00 horas do venres 5 de xuño e ata as 19:30 horas do sábado 6 de xuño estará prohibido estacionar no aparcadoiro da Casa da Cultura, na urbanización das Casas dos Mariñeiros, na rúa Cabo Ortegal, na rúa Río Sil e na Avenida da Paz.
Do mesmo xeito, durante a xornada do sábado estará prohibida a circulación por estas vías ata as 19:30 horas. Mentres dure o peche non se permitirá o acceso ás rúas afectadas nin a entrada ou saída de garaxes situados nelas, polo que o Concello recomenda planificar os desprazamentos con antelación e respectar toda a sinalización habilitada para a ocasión.
Máis deporte nas próximas semanas
A programación deportiva de Cariño continuará durante as próximas semanas con novas actividades. Entre elas figura a segunda Xornada de Iniciación á Escalada, que se celebrará o próximo 20 de xuño, entre as 10:00 e as 14:00 horas, na zona de escalada do Cravadoiro.
A actividade está dirixida a nenos e nenas nados entre os anos 2008 e 2018. A participación é gratuíta e o prazo para anotarse permanecerá aberto ata o 11 de xuño ás 14:00 horas a través do formulario en liña dispoñible nas redes sociais e na páxina web municipal. Desde a organización recoméndase acudir con roupa cómoda e levar comida e bebida para a mañá. Para máis información pódese contactar co Servizo Municipal de Deportes no teléfono 981 40 50 64.
Ademais, Cariño será escenario os próximos 13 e 14 de xuño do Campionato Xunta de Galicia Optimist por Equipos de Clubes 2026, unha das citas máis importantes da vela base galega. O campionato, presentado oficialmente o pasado 3 de xuño, está organizado polo Club do Mar de Cariño coa colaboración do Concello de Cariño, a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e a Federación Galega de Vela. A competición reunirá na localidade ás mellores promesas galegas da clase Optimist.


























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



