Ribadeo, 4 de xuño, 2026. Os equipos de emerxencias seguen traballando tras máis de 14 horas loitando contra un lume, que destruíu por completo o establecemento.
Desde as 17:30 horas de onte, diferentes grupos de intervención fan fronte a un incendio que, por fortuna, non causou danos persoais. Porén, o baixo, unha imprenta situada na Rúa Carlos III, en Ribadeo, quedou completamente arrasada polo lume e os bombeiros teñen por diante algunhas horas máis de traballo por mor dos focos aínda acesos e a necesidade de desentullar.
Das tarefas que restan ocúpase unha dotación do Parque Comarcal de Barreiros, xa que os equipos desprazados doutros parques, mesmo de Asturias, pouco a pouco foron regresando ás súas bases a medida que o incendio foi remitindo.
Tratouse dunha intervención complexa, que congregou en Ribadeo a equipos dos parques de Vilalba, Barres (Asturias) e do Distrito Forestal da zona, tamén de Protección Civil de Ribadeo, debido á gran carga térmica adquirida polo incendio e a proximidade de viviendas, nos andares superiores, que se desaloxaron de forma voluntaria, nuns casos, e noutros, se confinaron.
Por fortuna, ninguén resultou ferido, malia que o fume alcanzou a fachada do edificio e penetrou nas vivendas.
Segundo indicaron os axentes da Policía Local, as vivendas desaloxadas non poderán volver ocuparse, de momento. O fume afecta ás condicións de habitabilidade.



























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.


