Foz, 5 de xuño de 2026. Foz ilumina estes días a fachada da Casa do Concello en cor vermella con motivo do Día Mundial da Hemocromatose, que é este domingo, 7 de xuño. Súmase así á campaña de sensibilización e visibilización desta enfermidade xenética, “pouco coñecida pero máis frecuente do que se pensa”, explica a concelleira de Sanidade, Kathy Navarro Machado, que engade: “a hemocromatose é unha enfermidade hereditaria que provoca unha acumulación excesiva de ferro no organismo, podendo afectar órganos como o fígado, o corazón ou o páncreas se non se diagnostica e trata a tempo. Estímase que afecta aproximadamente a 1 de cada 1.000 persoas na súa forma máis desenvolvida, aínda que moitas permanecen sen diagnosticar durante anos debido a síntomas pouco específicos como cansazo, dor articular ou malestar xeral”.
Kathy Navarro destaca que “con este xesto simbólico, o Concello de Foz quere amosar o seu apoio ás persoas afectadas e ás súas familias, así como contribuír á concienciación social sobre a importancia da detección precoz e do coñecemento desta doenza. Dende o Concello de Foz queremos dar visibilidade ás enfermidades que, malia ser pouco coñecidas, teñen un importante impacto na vida das persoas. Iluminar a Casa do Concello é un pequeno xesto de apoio e sensibilización para lembrar a importancia do diagnóstico temperán da hemocromatose e acompañar ás persoas afectadas. O Concello de Foz reafirma así o seu compromiso coa promoción da saúde e coa sensibilización arredor das diferentes enfermidades, sumándose ás datas conmemorativas que axudan a informar, concienciar e apoiar ás persoas afectadas”.






















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



