Ribadeo, 3 de xuño de 2026. O equipo de goberno mantivo encontros co Ribadeo FC e coa SD Ribadeo para expoñerlles o proxecto de construción dun campo de herba artificial no Campamento Xuvenil da Devesa. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, asegura que Ribadeo segue agardando por unha resposta da Área de Deportes da Deputación Provincial de Lugo.
O edil ribadense indica que “en vinte anos en ningún momento o BNG levou adiante proxecto algún para contar cun campo de herba artificial. Os técnicos municipais aseguran que non colle o campo de herba artificial de fútbol 11 no terreo que eles propoñen. Non valen imaxes realizadas con intelixencia artificial, aquí so serven proxectos reais”.
Silvent sinala que “o terreo que eles citan non é propiedade do Concello, entón estaríamos a falar dun custe moi superior, chegando incluso a superar o dobre do proxecto que realizaremos coa axuda da Xunta de Galicia. Esa proposta sería inasumible. Aínda a día de hoxe estamos a agardar por unha resposta da Área de Deportes da Deputación de Lugo, que leva o BNG. Nada dixo do campo de herba artificial nin tampouco dos outros proxectos realizados por este equipo de goberno e que acadaron nestes tres anos un investimento de 300.000 euros: pavillón de Alfredo Deaño, pavillón de Cubelas, arranxos no Pepe Barrera e Campo de Outeiro. Todo co obxectivo de recuperar todas as instalacións que se atopaban nun estado de abandono evidente”.
Silvent engadiu que “este proxecto do campo de herba artificial é un primeiro paso nunha folla de ruta que levará a Ribadeo a conseguir facer realidade outras novas instalacións deportivas, pero sempre desde a planificación que nos marcamos desde o equipo de goberno e desde a Concellería de Deportes. Nós xa temos un proxecto de obra para o novo campo de herba artificial, non unha imaxe creada con ChatGPT irreal, que para nada concorda coa realidade métrica dos terreos. No Concello de Ribadeo traballamos da man dos técnicos municipais e coa colaboración continua do Ribadeo FC e da SD Ribadeo, entidades coas que mantivemos xuntanzas para expoñerlles o proxecto e esta mesma mañá un encontro técnico para definir os últimos detalles do campo de herba artificial”.






















Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.



