A inscrición, que se pode formalizar na Casa da Cultura, é de balde, e o prazo remata o luns 29 de xuño
Cervo, 3 de xuño do 2026. O Concello de Cervo vén de abrir a convocatoria para un curso de monitor de tempo libre que se enmarca no programa Avívate en Cervo IX, dirixido a mozos e mozas maiores de 18 anos.
A iniciativa, que será totalmente gratuíta para as persoas participantes, ten como finalidade ofrecer unha formación especializada que permita ampliar as posibilidades de acceso ao mercado laboral, especialmente no ámbito do lecer educativo e da animación sociocultural.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, destacou a importancia de seguir promovendo este tipo de accións formativas destinadas á mocidade, sinalando que “desde o Concello queremos facilitar recursos que axuden aos nosos mozos e mozas a adquirir novas competencias e ferramentas que lles permitan abrir portas no seu futuro profesional”.
Así mesmo, subliñou que “a formación é un dos mellores investimentos que podemos facer na mocidade, e este curso ofrece unha cualificación moi demandada que pode supoñer unha oportunidade para acceder a novas experiencias laborais”.
O curso permitirá ao alumnado obter unha titulación oficial homologada e será impartido por profesionais acreditados. A formación combinará unha parte teórica co correspondente período de prácticas obrigatorias, conforme á normativa vixente.
A alcaldesa tamén quixo poñer en valor o carácter participativo desta proposta, animando á mocidade a inscribirse: “é unha oportunidade para aprender, medrar persoalmente e compartir experiencias con outros mozos e mozas nun contexto dinámico e enriquecedor”.
As persoas interesadas en participar xa poden formalizar a súa inscrición na Casa da Cultura ata o luns 29 de xuño.
O curso desenvolverase entre o 6 de xullo e o 18 de agosto e as prazas son limitadas.





















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.



