Ribadeo, 3 de xuño, 2026. O BNG de Ribadeo presentou publicamente a súa proposta para construír o tan demandado novo campo de fútbol de herba artificial, situándoo de maneira estratéxica no anexo do estadio Pepe Barrera. A formación nacionalista defende un modelo de infraestrutura pensado para responder ás necesidades reais do deporte local, mantendo as instalacións no núcleo urbano.
O portavoz municipal do BNG, Martín Graña, explicou que o plano elaborado pola formación acredita a viabilidade técnica e económica dun proxecto sustentado en tres grandes vantaxes para Ribadeo:
Conciliación e accesibilidade
O BNG subliña que manter o campo no centro da vila facilita o día a día das familias e das categorías inferiores. A proximidade permite acudir a pé, evita desprazamentos innecesarios en coche e favorece unha conciliación real nos horarios de adestramento e uso.
Integración urbanística e deportiva
A proposta permitiría completar e unificar a gran área deportiva situada no corazón do municipio. Segundo Graña, isto supón optimizar o espazo urbano e reforzar unha zona recreativa central que xa é un referente para a mocidade.
Eficiencia económica e execución por fases
A diferenza doutras alternativas que requiren crear servizos desde cero, o proxecto do BNG aproveita as infraestruturas e accesos xa existentes no Pepe Barrera. Isto permitiría executar a obra por fases, garantindo unha xestión responsable e eficiente dos recursos públicos.
“Ribadeo precisa dotar ás súas crianzas e clubs dun terreo de xogo en condicións, pero hai que facelo con cabeza, escoitando ás familias e pensando no modelo de vila”, sinalou Martín Graña.
O portavoz instou ao goberno local a analizar con rigor esta proposta, que combina comodidade para a veciñanza, centralidade deportiva e responsabilidade no gasto público.





















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



