Viveiro, 3 de xuño, 2026. O artista viveirense xmaseda65 publicará o vindeiro 10 de xuño o seu novo EP, 6 a.m.ORES, un traballo composto por seis cancións nas que explora ritmos e sonoridades pouco habituais no seu repertorio. O proxecto supón un afastamento parcial do estilo máis ligado ao hip-hop que o caracterizou ata agora, abrindo unha etapa máis versátil e experimental.
Un EP sobre o amor en todas as súas formas
Cada tema aborda o amor desde unha perspectiva distinta: do romántico ao máis íntimo e visceral. O resultado é unha oda ás emocións, ás relacións e ás sensacións que xorden arredor das conexións humanas, especialmente nas horas silenciosas da madrugada.
Colaboracións que amplían o universo sonoro
O EP conta con dúas colaboracións destacadas:
Kid Mount, que regresa cun tema de trap que mantén o nivel da súa exitosa colaboración anterior, Lágrimas nun bote.
Joel e Dani (LANASA), que achegan frescura cunha peza máis dinámica, mantendo a liña temática do romance.
Produción coidada e identidade sonora
A produción corre a cargo de Yuly, Rodro e Sky J, responsables de construír as diferentes atmosferas do EP combinando influencias da escena urbana galega e estatal.
A mestura e masterización leva a sinatura de Peter Petrowski, que dota o proxecto dunha cohesión e personalidade sonora moi marcada.
As palabras do artista
Segundo explica o propio xmaseda65: “6 a.m.ORES fala sobre seis historias de amor escritas de madrugada, nas horas nas que todos somos máis vulnerables e cando inevitablemente pensamos no que nos quita o sono. É un proxecto moi persoal no que quixen explorar novas formas de expresar emocións e experimentar con sons diferentes aos que viña facendo ata agora”.
Un punto de inflexión na súa carreira
6 a.m.ORES marca un antes e un despois na traxectoria do artista: novos sons, novos ritmos e unha estética visual moi definida que anuncian unha etapa máis madura, ambiciosa e creativa.
O EP estará dispoñible en todas as plataformas dixitais a partir do 10 de xuño.
Sobre o artista
xmaseda65 é un artista viveirense vinculado á escena urbana galega. A súa música combina influencias do hip-hop, trap e sons alternativos, construíndo unha identidade propia que o sitúa como unha das voces destacadas da nova xeración musical de Galicia.






















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



