Viveiro, 24 de xullo de 2025. O Concello de Viveiro vén de emitir un bando para lembrar á veciñanza a prohibición de circular con patinetes eléctricos por zonas peonís, beirarrúas, paseos marítimos, o casco histórico e travesías do municipio, en cumprimento da normativa estatal de tráfico e seguridade viaria.
A alcaldesa, María del Carmen Gueimunde, sinala que “ante a cantidade de patinetes eléctricos que circulan a diario polo casco histórico e a gran velocidade, vémonos na obriga de reforzar esta mensaxe para garantir a seguridade de peóns e viandantes e preservar o uso dos espazos públicos destinados a eles”.
Lémbrase que esta medida se basea en diversas disposicións legais, entre elas:
O artigo 25.5 do Real Decreto 6/2015, que prohibe expresamente a circulación destes vehículos por beirarrúas.
O artigo 38.4 do Regulamento Xeral de Circulación, que prohibe circular con patinetes por travesías, vías interurbanas, túneles urbanos, autopistas e autovías dentro do poboado.
O artigo 76 do mesmo Real Decreto, que considera infracción grave o incumprimento destas normas, sancionable con multas de 200 euros, segundo o artigo 80.
A rexedora apela á responsabilidade individual por parte de todas e todos e engade que “ incumprimento desta normativa será considerado infracción grave e poderá conlevar sancións económicas de ata 200 euros”.
Dende o Concello de Viveiro faise un chamamento ao cumprimento estrito destas normas, lembrando que o seu obxectivo é protexer a integridade das persoas e manter unha convivencia segura e ordenada nos espazos comúns.






















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



