“Con este convenio reafirmamos o noso compromiso coa inclusión real, e co deporte como unha ferramenta poderosa de transformación social”, destacou o Presidente quen subliñou que este apoio “supón un paso pioneiro na provincia ao ser o primeiro equipo non profesional de persoas con diversidade funcional”
Lugo, 15 de xullo de 2025. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o Presidente do Racing Club Vilalbés, Francisco Ruiz Rey, asinaron este martes no campo de fútbol A Roca da capital chairega un convenio de colaboración a través do cal a institución provincial achega 3.800 euros para dotar de equipamento completo ao equipo Real Racing Club Genuine Vilalba.
A achega económica permitirá ao club adquirir equipacións de xogo, de adestramento e de viaxe, así como balóns e material técnico deportivo, necesarios para o desenvolvemento do equipo e a súa participación na Liga A Nosa Champions, unha competición autonómica inclusiva promovida pola Real Federación Galega de Fútbol.
No acto de sinatura, no que o mandatario provincial estivo acompañado tamén pola Alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, representantes do club, e xogadores do equipo Genuine, subliñou que “con este convenio desde a Deputación de Lugo reafirmamos o noso compromiso coa inclusión real, e co deporte como unha ferramenta poderosa de transformación social”
José Tomé Roca resaltou ademais o carácter pioneiro da iniciativa, ao tratarse do primeiro equipo non profesional da provincia formado exclusivamente por persoas con diversidade funcional. “Este proxecto merece todo o noso recoñecemento, apoio e visibilidade pública. Non estamos só diante dun novo equipo, senón dun importante avance social. É un auténtico orgullo que Vilalba conte cun equipo como o Racing Genuine, que serve de exemplo en Galicia e tamén no resto do Estado”, declarou.
O Presidente provincial quixo agradecer e felicitar ao club chairego polo seu compromiso firme coa inclusión e “por demostrar que desde o deporte de base tamén se pode facer país, e por crer, sen matices, na capacidade de todas as persoas”
Unha aposta pola inclusión deportiva
O Real Racing Club Genuine Vilalba é unha iniciativa pioneira na provincia que xurdiu do convenio entre o Racing Club Vilalbés e o Real Racing Club de Santander, dentro da filosofía de LaLiga Genuine. Este proxecto promove unha práctica deportiva adaptada baseada na integración, igualdade e participación sen exclusión. O Racing Club Vilalbés, fundado en 1931, é o primeiro club non profesional da provincia de Lugo que impulsa unha iniciativa real de inclusión de persoas con diversidade funcional a través do deporte.





















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



