A vía estase mellorando no treito comprendido entre os quilómetros 2,3 e 10,2 e os traballos consisten na limpeza de cunetas, drenaxe, renovación do firme, nova sinalización vertical e horizontal e tamén na construción dun paseo peonil de 1,2 metros
Lugo, 20 de xullo de 2025. A Deputación de Lugo vén de iniciar as obras de rehabilitación da estrada provincial LU-P-3601, que conecta Acebo, á altura da LU-701, con Negueira de Muñiz. Esta actuación conta cun orzamento de máis de 300.000€, co obxectivo de mellorar un treito de máis de 8 quilómetros.
Concretamente os traballos estanse desenvolvendo no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 2,384 e 10,250, no termo municipal de Negueira de Muñiz. As obras permitirán a rehabilitación integral do firme neste tramo da vía, mellorando así a súa funcionalidade e durabilidade estrutural. A actuación terá un prazo de execución estimado de tres meses.
Agora comezouse coa reapertura e limpeza de cunetas, faranse cunetas novas para facilitar a evacuación de augas pluviais e construirase un paseo peonil lateral de 1,20 metros de ancho, na marxe esquerda da calzada para incrementar a seguridade dos usuarios vulnerables da vía, como peóns ou ciclistas. Así mesmo, reforzarase e mellorarase o firme mediante aglomerado en quente e unha vez rematado, repoñerase a sinalización horizontal con marcas viarias reflexivas brancas e cunha nova sinalización vertical.
Unha obra estratéxica para a comarca
A LU-P-3601 é unha vía de comunicación fundamental para os concellos da Fonsagrada e Negueira de Muñiz, xa que conecta o núcleo de Acebo coa capitalidade municipal de Negueira, atravesando unha zona de montaña de grande valor ambiental e paisaxístico. Ademais, na contorna da estrada existen miradoiros, áreas recreativas e espazos naturais de interese, polo que a mellora desta infraestrutura ten tamén un impacto directo sobre a promoción do turismo rural e sostible no municipio.
Desde a Deputación destácase que “esta obra responde á necesidade de garantir a seguridade viaria nunha zona onde o trazado, as condicións meteorolóxicas e a orografía esixen un firme en bo estado e con drenaxe eficaz. Ademais, a incorporación dun paseo lateral é unha medida novidosa que permitirá dar resposta á mobilidade da veciñanza e dos visitantes que percorren a zona a pé”.
Con este investimento, a Deputación de Lugo reafirma o seu compromiso cunha rede viaria provincial segura e accesible, como parte fundamental da súa política de cohesión territorial, fixación de poboación no rural e igualdade de oportunidades entre todos os veciños e veciñas da provincia, independentemente do lugar no que vivan.
Esta intervención enmárcase na aposta decidida da Deputación de Lugo por mellorar a rede viaria provincial e contribuír ao desenvolvemento socioeconómico dos concellos. Trátase dunha liña de actuación prioritaria para a institución, comprometida coa conservación e mellora da rede viaria provincial, a máis extensa do Estado, con máis de 4.000 quilómetros de lonxitude.



















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



