Esta é xa a segunda edición. Estamos satisfeitos de que aumentara a participación con respecto ao ano pasado. Un total de 28 parellas disputaron este maratón que comezou polas 17.00 horas e rematou sobre as 04.00 horas do domingo, incluíndo unha final e dúas repescas.
Clasificación:
– na segunda repesca: segundo premio para Tristán e José Antonio (80 €) e primeiro premio para Kely e Suso (130 €)
– na primeira repesca: segundo premio para Julián e Manolo (130 €) e primeiro premio para Horacio e José Manuel (180 €)
A directiva agradece “a participación de toda a xente que se apuntou e agardamos poder contar con todas as parellas no vindeiro maratón e con algunha máis”.
Tamén agradecen “á asociación de montes de Vilaestrofe por deixarnos o seu cañón de calor e, sobre todo, ao Concello de Cervo pola súa colaboración e pola boa disposición que mostra sempre con esta asociación”.