Site icon Crónica3.com A Mariña

Homenaxe do Concello de Alfoz á centenaria Agripina Somoza López

20160407_121253_resizedAlfoz, 7 de abril de 2016.- A veciña da parroquia de Reirado, no concello de Alfoz, Agripina Somoza López cumpriu este xoves cen anos de idade. Desde o Concello de Alfoz quixeron facerlle unha homenaxe entregándolle unha placa conmemorativa do centenario e un ramo de flores. Na visita a Concelleira de Igualdade de Benestar, Carmen Geada Maseda, e o Tenente Alcalde, Xabier Pardiñas, acompañaron á homenaxeada e ao resto da familia nesta data tan sinalada. Con Agripina Somoza xa son tres as centenarias do concello de Alfoz.

Exit mobile version