Alfoz, 7 de abril de 2016.- A veciña da parroquia de Reirado, no concello de Alfoz, Agripina Somoza López cumpriu este xoves cen anos de idade. Desde o Concello de Alfoz quixeron facerlle unha homenaxe entregándolle unha placa conmemorativa do centenario e un ramo de flores. Na visita a Concelleira de Igualdade de Benestar, Carmen Geada Maseda, e o Tenente Alcalde, Xabier Pardiñas, acompañaron á homenaxeada e ao resto da familia nesta data tan sinalada. Con Agripina Somoza xa son tres as centenarias do concello de Alfoz.
Homenaxe do Concello de Alfoz á centenaria Agripina Somoza López
Homenaxe do Concello de Alfoz á centenaria Agripina Somoza López
Relacionado
-
O obradoiro de xabóns artesanais comezou o pasado venres, dentro dos talleres terapéuticos do programa Arruguiñas, dixirido á poboación maior de sesenta anos do Concello de Cervo
-
Mariña Patrimonio está a organizar unha viaxe ao Courel para coñecer parte do seu patrimonio
-
O Valadouro programa unha Lectura dramatizada de textos de Luísa Villalta, homenaxeada este ano 2024 no Día das Letras Galegas