Hai agora 15 anos, o 28 de xuño de 2010, o Tribunal Constitucional (TC), históricamente un árbitro caseiro sempre refractario ao autogoberno das nacionalidades e próximo á interpretación extensiva dos poderes do Estado (moitas veces a medio de títulos transversais xenéricos, como a unidade de mercado, a garantía dos dereitos fundamentais das persoas ou do cumprimento das obrigas do Estado coa UE) declaraba substancialmente inconstitucional o Estatut previamente plebiscitado pola cidadanía catalá, o que sinalou un fito na definición centralista e unitaria do Estado español, amosando a falla de conexión coa realidade daquelas persoas de boa intención e vontade que pensaban, quizais canda o president Maragall, que outra España plurinacional era posíbel.
15 anos despois o mesmo TC español recoñece esta sentenza como motor reactivo dun procès que activou, pola súa banda, unha reacción xudicial desaquelada (nomeadamente nas Salas do Penal do Supremo-TS- e do Superior de Catalunya-TSJC- canda os Xulgados de Instrucción 1 e 13 de Barcelona).
O TC validou este 28-X, por unha maioría de 6-4 a constitucionalidade da amnistía que deixa sen efecto toda responsabilidade criminal xerada polas accións vencelladas do procès dende 2011, agás i) delictos dolosos de homicidio e lesións cualificadas, torturas e tratos inhumanos ou degradantes, ii) actos terroristas que causaran de xeito intencionado graves violacións dos dereitos humanos, iii) delictos alicerzados en motivacións racistas ou discriminatorias, iv) delictos contra a comunidade internacional ou de traizón, contra a paz e independencia do Estado e relativos á defensa militar sempre que houber unha ameaza efectiva e real de uso da forza contra o Estado e v) as malversacións cando tivesen como resultado un arrequecemento persoal do autor ou de terceiro ou atinxisen aos intereses financeiros da UE. Un perímetro moi acaído que requiriu da presión de JuntsxCat (que chegou votar en contra dun primeiro texto deficiente) e do bo traballo xurídico do devandito partido e de ERC que- aquí si- souberon deixar aparte as súas diferenzas e traballar xuntas.
Para o TC a amnistía é constitucional, pois que o que non fica constitucionalmente prohibido está permitido, agás que atente contra os dereitos fundamentais ou outros principios e valores constitucionais. Deste xeito, a respecto dos indultos xerais prohibidos na Carta Magna, o TC afirma a radical divisoria entre cadansúa natureza xurídica dos indultos (decisións do Executivo que remiten total ou parcialmente penas impostas por sentenzas definitivas) e as amnistías, que se alicerzan nunha lei aprobada polas Cortes Xerais e remiten tamén os antecedentes penais e constitúen causa para arquivar o procedemento en calquera fase na que se atope. Para o TC a amnistía tampouco vulnera dereitos fundamentais, nin o principio de legalidade nin a independencia do Poder Xudicial.
O TC recoñece que toda amnistía esixe excepcionalidade, como tamén recoñece a Comisión de Venecia de Consello de Europa. E a excepcionalidade, neste suposto, é a necesidade dunha completa acción restaurativa que repare as graves resultas que para a convivencia catalá supuxo a desaquelada represión do Goberno do Estado o 1-Ou e, nomeadamente os abusos propios da lawfare desenvolvidos polo TS e o TSJC cando moi concretos-e máis ben reducidos- órganos xudiciais da chamada “Audiencia Nacional” e de Catalunya. Unha lawfare que acadou, no caso do TS, a adopción de medidas cautelares de prisión sen alicerce ningún, condenas por delictos alleos á tradición xurídica europea e democrática, como a malversación impropia e a sedición e arbitrarias atribucións competenciais por mor de arbitrarias imputacións iniciais de delictos de rebelión.
Velaí a excepcionalidade da situación. Velaí a necesidade de restaurar a convivencia democrática, fanada por unha desaquelada resposta xudicial. Velaí a legalidade democrática da amnistía.

















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



