Dende hai algún tempo chámame a atención nos xornais o uso da palabra ‘líder’. Se imos ó dicionario, aparece que significa “Cabeza dun grupo ou persoa que o dirixe ou representa”. E de aí, poderiamos estender o seu uso ‘legal’, respaldado pola Academia, a multitude de campos, entre eles, a política. Mais, nunha democracia, o uso da verba ‘líder’ leva consigo a rebaixa, a diminución relativa dos e das encabezados / dirixidos / representados, en relación ó ou á ‘líder’, en flagrante contradición coa esencia democrática. Algo, ese significado e o que leva asociado, que pode vir por dous camiños, ‘de arriba abaixo’ ou de ‘abaixo arriba’. Explícome:
Hai xente que se autoproclama líder, conseguindo máis ou menos ó tempo unha representación de ten algo de uso da base democrática, nun sistema que se cualifica como democrático. Aí temos unha morea de casos, dende o Hitler votado en minoría nunhas primeiras eleccións que lle permitiron manobrar para arrasar non só coas eleccións vía a noite dos cristais esnaquizados, senón co seu país e co mundo enteiro. Dicía, dende el ó Trump votado maioritariamente segundo o sistema electoral norteamericano despois de alentar un ameazador asalto ó Congreso e usando o resultado para tentar pasar da parte do sistema que non lle interesa no momento. Dous, por poñer só dous exemplos ben diferentes e ó tempo ben iguais. En ambos casos, o resto da xente serían ben os seus seguidores ou ben os seus inimigos. Si, xa sei que inimigo non é o contrario de seguidor, e máis aínda, que entrambos grupos debera estar a maioría social, pero así é como os autoproclamados líderes establecen as cousas.
Por outra banda, hai xente que de xeito consciente ou inconsciente, abdica de pensar como individuo, por si mesma, de opinar e actuar en consecuencia, aceptando e acollendo como propios datos, referencias, pensamentos, opinións e actuacións doutras persoas. De xeito lóxico, no camiño de adaptación prodúcense desaxustes grandes, como acoller políticas que os prexudican, sen ter contrapartidas como, por exemplo, a de que puideran beneficiar á maioría.
Os dous ‘camiños’ mencionados están relacionados, claro, pero non deixan de ser diferentes por ser a visión como ‘líder’ ou como’ liderado’. Considero que o segundo, o que toma a masa ‘liderada’, é aínda mái perigoso que o primeiro. Como mostra, un botón: esta semana pasada, un ‘socialista’ gañou as primarias do partido demócrata para alcalde da cidade de Nova York. Máis aló do que iso poda supoñer para o chamado establishment demócrata ou en xeral, da clase que mantén o poder nos USA, os medios están a cualificalo de iso, de ‘líder’, que tomado no sentido tradicional da política levaría a que chegara a ser un máis dentro da oligarquía que controla os EEUU. Ou sexa, a un futuro no que as súas ideas e expectativas quedarían mediatizadas de xeito automático pola súa situación de poder. E, de ser así, o que estariamos sería cambiando un autócrata -dalgún xeito, xa ‘amortizado’ polo sistema- por outro pintado doutra cor, outro nome e mesmo outras accións superficiais, pero rulando co mesmo sistema de autocracia e uso da democracia, que non de democracia ‘a secas’. Non sei se el mesmo, agora mesmo, se considera ou non ‘líder’, pero as lentes coas que se pretende que o miremos levan escrta esa verba: líder. E as verbas, logo, devan a plasmar o significado en cada cousa que se fai.
Particularmente, non quero líderes no sentido que se entende, senón persoas que traballen cóbado con cóbado co resto da sociedade. E ese significado de líder hoxe por hoxe xa é difícil que se comprenda e se aplique…


















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



