A Deputación abriu hoxe o prazo de inscrición e tan só quedan 5 prazas libres para unha actividade deportiva que se desenvolverá do 15 ao 19 de setembro no Centro de Interpretación Terras do Miño
Lugo, 30 de xuño de 2025. A programación de actividades ambientais da Reserva da Biosfera Terras do Miño para o 3º trimestre foi todo un éxito no seu primeiro día de inscricións. A Deputación de Lugo abriu esta mañá o prazo e, en tan só 30 minutos, esgotáronse case todas as prazas ofertadas. Das 80 prazas dispoñibles, actualmente só quedan libres cinco, correspondentes a unha actividade deportiva que se desenvolverá entre o 15 e o 19 de setembro no Centro de Interpretación Terras do Miño. As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición a través da páxina web da institución provincial.
A programación de actividades para a Reserva dos Ancares tamén abriu hoxe as inscricións, que inclúe 6 propostas de educación ambiental cun total de 95 prazas dispoñibles para todos os públicos, e que se desenvolverán do 25 de xullo ao 18 de outubro.
Estas actividades están pensadas para promover o coñecemento do medio natural e fomentar a educación ambiental a través de propostas gratuítas e adaptadas a diferentes públicos, combinando ocio, aprendizaxe e respecto polo entorno.
Actividades na Reserva Terras do Miño
As actividades na Reserva Terras do Miño comezarán no Centro de Interpretación Terras do Miño cunha actividade para familias con nenos e nenas que leva de título Obradoiro: Crea, Innova e Protexe. Terá lugar os días 7, 8, 9, 10 e 11 de xullo en horario de 10:00 a 14:00 horas.
No mes de setembro desenvolveranse todas as actividades ofertadas no Centro de Interpretación Terras do Miño. Do 1 ao 5 de setembro realizarase un roteiro infantil guiado pola contorna natural do río Miño. Dos días 8 ao 12 terá lugar o obradoiro Recicla e Repara: Pequenos Arranxos e Grandes Ideas; do 22 ao 26, impartirase o Curso práctico de Cultivos Hidropónicos; e os días 29 e 30 e 1, 2 e 3 de outubro, desenvolverase un taller de técnicas básicas con flores secas.
Ademais, no Centro de Interpretación Terras do Miño do 15 ao 19 setembro, en horario de 10:00 a 14:00 horas, haberá unha actividade deportiva para adultos. Trátase da única actividade na reserva Terras do Miño da que quedan prazas libres.
Actividades na Reserva Os Ancares Lucenses
As actividades na Reserva dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá arrancarán o 25 de xullo en Piornedo, de Cervantes, cunha xornada de observación solar, en horario de 18:00 a 19:30 horas, e a continuación a xornada continuará cunha observación nocturna, en horario 22:45 a 00:15 horas. Hai 25 prazas para todos os públicos. No edificio de Servizos múltiples do municipio cervantego o 12 e 19 de setembro haberá un curso de ferramentas de venda online para emprendedores no rural. Será para todos os públicos, en horario de 16:00 a 21:00 horas.
Navia de Suarna acollerá o 12 de agosto en Vilaverde un obradoiro de Astronomía, en horario de 22:00 a 02:00 horas. A xornada repetirase o 18 de agosto en Vilela. Está destinado a público en xeral e hai dispoñibles 20 prazas para cada xornada. Tamén Navia, en Casa Quiñones, os días 6 e 7 de setembro terá lugar un obradoiro de técnicas de elaboración e traballo do feltro. O horario será o sábado entre as 16:00 a 20:00 horas, e o domingo de 10:00 a 14:00 horas, contando con 10 prazas destinadas a todos os públicos.
As actividades finalizarán en Becerreá cun Obradoiro de Olaría tradicional que terá lugar en dúas xornadas, o 20 de setembro e o 18 de outubro. Terán lugar en horario de 10:00 a 14:00 horas no Centro Social de Becerreá con 15 prazas dispoñibles para público en xeral. Ademais, neste municipio o día 27 de setembro desenvolverase un Curso de Orientación na Montaña, de 10:00 a 14:00 horas e haberá 15 prazas dispoñibles para adultos.
Como inscribirse
As persoas interesadas poden anotarse a través das diferentes canles dispoñibles, chamando ao número de teléfono 982.305.930 e 982.227.812, enviando un correo electrónico para as actividades que se desenvolven na Reserva dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá. No caso das cinco actividades que quedan na Reserva de Terras do Miño hai un espazo virtual habilitado na páxina web da Deputación de Lugo.



















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



