Site icon Crónica3.com A Mariña

Raquel Arias reuniuse co equipo directivo do IES María Sarmiento de Viveiro para valorar as necesidades do centro

160616 Visita IES María Sarmiento de ViveiroLugo, 16 de xuño de 2016.- A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, mantivo este xoves un encontro de traballo cos membros da directiva do IES María Sarmiento, de Viveiro, encabezados por Juan Pardo Gato.

Precisamente o relevo que se producirá na dirección do centro educativo, coincidindo co remate de curso, foi un dos asuntos abordados durante o encontro, así como o inicio das obras de ampliación das que serán obxecto as instalacións. A evolución do curso académico e sobre todo os resultados obtidos polo centro no que atinxe a inserción laboral do alumnado foron outros de temas analizados na xuntanza.

No que atinxe ás obras salientouse que a súa execución da resposta ás necesidades da comunidade escolar, derivadas fundamentalmente da implantación de dous ciclos de Formación Profesional Básica e do incremento de matrícula experimentado. De feito, nos últimos seis anos o número de alumnos aumentou un 10 por cento.

En calquera caso os traballos non darán comezo ata que a actividade docente non teña rematado para non dificultar o seu desenvolvemento. Consistirán basicamente na construción dun edificio anexo ao actual que permitirá que o centro poda incrementar nuns 400 metros a súa superficie dispoñible.

Exit mobile version