Site icon Crónica3.com A Mariña

Dous novos títulos nacionais para o pentatleta Cristóbal Rodríguez

pentatletO pentatleta viveirese do Equipo Nacional, Cristóbal Rodríguez, repite xesta digna dos máis antigos pentatletas da antiga Grecia ao proclamarse dobre campión de España nas modalidades de LASER RUN e de TRIATLE.

Rodríguez chegaba á Coruña o sábado 2 de xullo pola mañá procedente do Centro de Tecnificación de Pontevedra onde está a preparar o CAMPIONATO DE EUROPA DE PENTATLON MODERNO que se celebrará a vindeira semana en Sofía (Bulgaria) aínda que nun principio non estaba na súa programación competir nestes dous nacionais. Con todo, unha chamada do director técnico da Federación Galega animábao a incluílas no seu calendario como últimas sesións fortes antes do Europeo.

A primeira competición daba comezo o sábado ás 18.00 horas na coruñesa praia de Oza. Desde o primeiro compás de saída o mariñán mantívose no grupo de cabeza. No segundo parcial de 800 metros, ao saír do sector de tiro Miguel Fernández e José Pérez, da Federación Astur, metían un cambio de ritmo ao que se unían Raúl Porto e Cristóbal Rodríguez, para entrar a disparar en bloque no terceiro 800. Cun sector de tiro moi rápido, Rodríguez conseguía saír primeiro da combinada e encarar o último 800 para entrar cunha pequena vantaxe na liña de meta, facéndose co título nacional de Laser Run.

O domingo, á unha do mediodía, daba comezo a competición de TRIATLE, que consiste en tiro, natación en augas abertas e carreira a pé. Rodríguez, que disparaba no posto número cinco, cando se dispoñía a realizar o seu último derrubo o láser da súa pistola de precisión fallaba, o que o tivo retido 50 segundos no seu posto de combinada.

Segundo declaracións do deportista “puiden solucionar o problema grazas á xenerosidade da Selección cántabra que puxo á miña disposición unha arma dos veteranos”.

Aínda así, tivo que nadar moi forte para conseguir marcar os 4 mellores parciais da competición en natación e conseguir chegar ao último oitocentos en disposición de disputar ao sprint a Tony Marcos de Cataluña e a Ángel Álvarez que, ao final se decantou a favor do pentatleta galego.

Exit mobile version