Site icon Crónica3.com A Mariña

Eulalia Rodríguez, Sofía Seijas, Pepita Moreda e Marco Antonio Fernández recibiron os pergameos de confrades de honra da confraría do desencravo durante o acto do pregón da semana santa de San Martiño

100417 DOMINGO DE RAMOS EN SAN MARTIÑO (1)Foz, 10 de abril de 2017. Eulalia Rodríguez Pérez, Sofía Seijas Díaz, Pepita Moreda Moreda e Marco Antonio Fernández Vila recibiron os pergameos de confrades de honra da Confraría do Desencravo durante o acto do pregón da Semana Santa de San Martiño o pasado sábado. Nesta parroquia focense celebráronse onte os actos do Domingo de Ramos.

O pregón, que tivo lugar na basílica de San Martiño, correu a cargo do bispo de Mondoñedo-Ferrol, Luis Ángel de las Heras Berzal, que foi presentado pola presidenta da directiva da Confraría do Desencravo e concelleira focense de Cultura, Silvia Blach Cuesta. No acto tamén interviñeron o alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, e o cura párroco de San Martiño, Antonio Valín Valdés. A Coral Polifónica de Foz ofreceu o primeiro concerto da XIV Semana da Música Xosé Alonso.

Onte, domingo, en San Martiño tiveron lugar os actos do Domingo de Ramos coa bendición de ramos e palmas na Praza da Basílica, seguidamente procesión co acompañamento musical do grupo de gaitas de O Feitizo, despois houbo misa e a continuación concerto dentro da Semana da Música a cargo do coro Consonante, de Madrid.

Os actos da Semana Santa de San Martiño continuarán este mércores, día 12, na igrexa de San Xoán de Vilaronte, onde ás oito e media da tarde haberá un novo concerto dentro da Semana da Música, neste caso a cargo de Felipe Sánchez e África Rodríguez. E ás 21 horas terá lugar o Oficio de Tebras.

Exit mobile version