Site icon Crónica3.com A Mariña

Campos Conde participa na Feira do Mel de Muras que conta co apoio do Goberno da Deputación

FOTO FEIRA MELLugo, 19 de novembro de 2017O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, participou este domingo na Feira do Mel de Muras, coa que colabora o Goberno Provincial cunha achega económica de 3.000 euros, para poñer en valor os produtos autóctonos e contribuír a desestacionalización do turismo na provincia lucense, como unha das liñas do Plan Estratéxico de Turismo.

Esta terceira edición da feira de Muras, que se desenvolveu durante a fin de semana, contou cun total de 11 expositores que, ademais do mel, puxeron á venda produtos autóctonos e de tempada, como queixos, castañas, empanadas ou licores, entre outros moitos. Trala visita do Presidente da Deputación, durante a xornada do domingo, os asistentes participaron en diversas actividades como obradoiros lúdicos para os máis pequenos de doces con mel, ceras e cestería. O cantautor Miguel Alonso e o Dúo Meritxell amenizaron o xantar. A cita rematou coa entrega de premios do Concurso de calidade da mel de Muras.

O día anterior, ademais da disposición dos postos gastronómicos, os asistentes puideron observar a extracción de resina da man de Francisco Domínguez e a cata de mel elaborada polos participantes no concurso de calidade da mel. O experto en Química Orgánica Xesús Feás realizou un simposio sobre a apicultura e o potencial desta explotación na Comarca de Muras. Co fin de fomentar outros produtos autóctonos, celebrouse tamén unha degustación gratuíta de lacón e finalmente, a Feira do Mel finalizou cunha actuación musical.

Exit mobile version