Site icon Crónica3.com A Mariña

Ana Pontón na Mariña

A portavoz nacional, Ana Pontón, desenvolve unha intensa xornada de reunións con distintos colectivos e sectores da Mariña, que empeza en Burela cun encontro coa xunta de persoal do Hospital da Costa en relación á contrarreforma sanitaria que ultima o Goberno de Feijóo. Seguirá unha reunión cos sectores empresariais para abordar o déficit de infraestruturas que restan comunicación á comarca, e rematará cun acto público para a presentación da Bases Democráticas, proposta política do BNG para avanzar na soberanía de Galiza, ambos no Concello de Viveiro.

Exit mobile version