A portavoz nacional, Ana Pontón, desenvolve unha intensa xornada de reunións con distintos colectivos e sectores da Mariña, que empeza en Burela cun encontro coa xunta de persoal do Hospital da Costa en relación á contrarreforma sanitaria que ultima o Goberno de Feijóo. Seguirá unha reunión cos sectores empresariais para abordar o déficit de infraestruturas que restan comunicación á comarca, e rematará cun acto público para a presentación da Bases Democráticas, proposta política do BNG para avanzar na soberanía de Galiza, ambos no Concello de Viveiro.
Ana Pontón na Mariña
Ana Pontón na Mariña
Relacionado
-
Este martes celebrouse cunha gran afluencia de público un novo “Arruguiñas falando”
-
Obradoiro de tradición oral das mulleres para celebrar o Día das Letras Galegas na UNED de Lugo
-
A Festa das Flores, tamén coñecida como Festa das Fillas de María, vaise celebrar este sábado 17 de maio en Xove, coincidindo co Día das Letras Galegas