Site icon Crónica3.com A Mariña

Campos Conde participa nunha exhibición de Xadrez con Ana Matnadze, organizada pola Escola Xaquedrum coa que colabora o Executivo Provincial

campos conde-partida de xadrezO Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, participou este venres nunha exhibición de xadrez organizada pola escola lucense Xaquedrum. A exhibición consistiu nunha partida simultánea da bicampeona do Mundo e pentacampeona europea Ana Matnadze contra 25 lucenses, entre eles o Presidente do organismo provincial e a Concelleira de Igualdade, Ana González Abelleira. O Goberno da Deputación colabora coa Escola Xaquedrum cunha achega de máis de 7.500 euros para sufragar os gastos da tempada.

Exit mobile version