O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, participou este venres nunha exhibición de xadrez organizada pola escola lucense Xaquedrum. A exhibición consistiu nunha partida simultánea da bicampeona do Mundo e pentacampeona europea Ana Matnadze contra 25 lucenses, entre eles o Presidente do organismo provincial e a Concelleira de Igualdade, Ana González Abelleira. O Goberno da Deputación colabora coa Escola Xaquedrum cunha achega de máis de 7.500 euros para sufragar os gastos da tempada.
Campos Conde participa nunha exhibición de Xadrez con Ana Matnadze, organizada pola Escola Xaquedrum coa que colabora o Executivo Provincial