Os deputados do Grupo Popular, xunto coa secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, realizaron unha visita a este concello
Ribadeo, 21 de xullo de 2025. O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, salientou hoxe “o pequeno milagre que se está producindo en Ribadeo desde que hai dous anos os veciños decidiran outorgarlle a Daniel Vega e ao seu equipo unha maioría absoluta para poder poñerse a fronte deste Concello cun proxecto transformador e modernizador para esta vila”. En concreto, o alcalde destacou os máis de 12 millóns de euros que a Xunta destinou a este municipio nos dous últimos anos, con especial referencia aos 8,5 millóns que suporá a nova rede de abastecemento de auga ou os 1,1 millóns de euros que investirá na restauración e amoblamento da residencia de maiores do Hospital-Asilo.
Nunha visita realizada polos deputados do Grupo Popular a Ribadeo, na que tamén participou a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, Alberto Pazos amosou “a satisfacción por ver que o que eran soños, esperanzas e proxectos que nos trasladaba o que agora é alcalde cando era compañeiro deste grupo parlamentario, hoxe se están a transformar en realidades para Ribadeo e os seus veciños, porque se está investindo moito pensando nas persoas”.
COLABORACIÓN ENTRE ADMINISTRACIÓNS
“Gracias ao bo facer de Daniel Vega e ao seu equipo se está fomentando a colaboración entre administracións que fai posible investimentos importantes como a reforma do abastecemento de auga ou a remodelación do Hospital-Asilo, que servirá de fogar a 40 persoas maiores que merecen uns servizos que non tiñan ata o de agora”, indicou.
O portavoz do Grupo Popular afirmou que Daniel Vega “vai conseguir que Ribadeo volva ser o que nunca debeu deixar de ser: un referente para toda a Mariña lucense, para a provincia de Lugo e para Galicia enteira”, e “todo isto é un motivo de gran satisfacción, moito máis en Ribadeo cando ven da man dun compañeiro do que gardamos un magnífico recordo no Parlamento de Galicia”.
AXUDAN, RESPECTAN E RESPALDAN
Pola súa banda, o alcalde ribadense deu a benvida a todos os deputados do Grupo Popular e á secretaria xeral do PPdeG e amosou a súa satisfacción por acoller a “aqueles que nos axudan, respectan e respaldan, traballando todos na mesma dirección, baixo o mando do Presidente Rueda”.
A modo de balance das actuacións levadas a cabo en Ribadeo nestes dous últimos anos, Daniel Vega referiuse á rehabilitación da residencia de maiores Hospital-Asilo, para a que a Xunta aportou 700.000 euros para a reforma interior e outros 400.000 para equipar todo o seu interior. Neste sentido, avanzou que “licitaremos en breve a lavandería e a cociña e xa estamos traballando como vai ser o funcionamento da residencia”.
Vega destacou os 8,5 millóns de euros, dos que 7,5 serán a cargo da Xunta, que se investirán no abastecemento de auga a Ribadeo, “porque tamén hai que traballar naquilo que non se ve pero que supón un recurso importantísimo para os veciños, sobre todo nun concello turístico como é este”.
Así mesmo, citou os 360.000 euros destinados á mellora da rede de saneamento, a nova oficina de turismo ou os 1,4 millóns de euros investidos na rede de infraestruturas nestes dous últimos anos.





















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 


