As actividades da Semana do libro organizadas pola Biblioteca municipal de Foz remataron cunha actuación de Pakolas na Casa da Cultura
redac
Os asistentes gozaron do espectáculo Enredando con Pakolas, cancións da man do músico infantil Pakolas (Paco Cerdeira) que presentou neste concerto o seu primeiro traballo en solitario, tras o seu paso polas formacións Mamá Cabra e Gramola Gominola, da que é fundador e integrante. Foi unha actividade que se desenvolveu en Foz a través da Rede de Normalización Lingüística da Xunta de Galicia e o programa Fala Redes.