Os asistentes gozaron do espectáculo Enredando con Pakolas, cancións da man do músico infantil Pakolas (Paco Cerdeira) que presentou neste concerto o seu primeiro traballo en solitario, tras o seu paso polas formacións Mamá Cabra e Gramola Gominola, da que é fundador e integrante. Foi unha actividade que se desenvolveu en Foz a través da Rede de Normalización Lingüística da Xunta de Galicia e o programa Fala Redes.
