Burela, a 30 de abril de 2018.- O Grupo Municipal Popular (GMP) burelés considera que “o mandato de Llano á fronte do Concello estase a converter nun desgoberno absoluto”, tal e como demostra, segundo precisan, a proposta de cobrarlles ás farmacias polas fiestras dispensadoras de medicamentos cara a rúa. Os populares aseguran que este acordo é “cando menos, irregular e mesmo podería ser constitutivo de prevaricación, xa que a ordenanza empregada, a fiscal municipal nº 7, nin no seu artigo 6.2, e nin antes nin despois, fai mención nin explícita nin implícita a tal instalación”.
Neste senso indícase que as instalacións suxeitas a tributación son aparatos de pesaxe, venda automática, fotografía ou similares, e caixeiros automáticos. Ante isto, dende o Grupo Municipal do PP precisan que “as fiestras das farmacias nin son máquinas de ‘vending’, nin fotomatóns, nin caixeiros, nin son automáticos. Son un servizo público”.
Os populares advirten ao alcalde e aos membros da Xunta de Goberno, integrada por concelleiros socialistas, que “deberían estudiar con máis rigor os asuntos que levan á Xunta de Goberno antes da adopción de acordos sobre os mesmos, para non cometer erros como o que están a facer co asunto das farmacias”. Deste xeito, dende o Grupo Municipal Popular matizan que “quen decide a orde do día das sesións da Xunta de Goberno e os asuntos que nelas se inclúen é o alcalde, polo que non cabe que agoche a súa responsabilidade”.
Os populares informan que segundo á acta da Xunta de Goberno do pasado dezaoito de abril, este órgano colexiado atende un informe emitido por dous membros da Policía Local e adopta o acordo de facer unha liquidación por ocupación de vía pública segundo a ordenanza fiscal municipal nº 7. “Sorprende que se atenda un informe da Policía Local e non se faga constancia de ningún outro informe dos servicios técnicos municipais, polo que entendemos que o alcalde e os seus concelleiros nin o solicitaron”, consideran.
Para o Grupo Municipal Popular de Burela resulta “sospeitoso que fose só en 2009 e agora , de novo, cando se intenta aplicar estar ordenanza ás farmacias. Nótase que o alcalde ten un estraño afán recadador, e vai contra o que el debe considerar monopolios da saúde, na súa intención de cambiar a sanidade pública neste país”.
Por último, os populares censuran que se o alcalde xa “destacou coa xestión de Arcadio Pardiñas, agora, de novo, estase a lucir, pero, lamentablemente, provocando que Burela coa seu Goberno pase de ser Bonita a ser un desastre con maiúsculas”.


















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



