Xove, 23 de agosto, 2026. O grupo socialista de Xove mostrou a súa satisfacción tras coñecer a licitación da estrada provincial LU-P-2607, que conecta o Cruceiro con Portocelo. Segundo sinalan, trátase dunha infraestrutura “en estado lamentable desde hai dúas décadas”, polo que consideran unha boa noticia que se vaian executar melloras significativas ao longo de 2026, con 15 quilómetros previstos, e que o resto quede programado para 2027 e 2028.
Os socialistas reclaman ao alcalde, Demetrio Salgueiro, “maior humildade” e que recoñeza o traballo realizado polo PSdeG para que estas actuacións sexan hoxe unha realidade. Lembran que o proxecto conta cun orzamento de 493.000 euros, dos que a Deputación de Lugo achega 285.296,96 euros, é dicir, o 60% do total.
Ademais, destacan que a institución provincial está a investir 818.403 euros noutras estradas do municipio, como as Gulpilleiras, a vía de A Tronca ao Tarolo e o tramo entre o cruce de Villalpol e Morás.
En conxunto, segundo os datos facilitados polo PSdeG, a Deputación destina en 2026 un total de 1.666.641 euros ao concello de Xove, sumando as melloras viarias e a achega ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF).
O grupo socialista tamén cuestiona a inversión da Xunta de Galicia no municipio, asegurando que “de fotos e promesas hai moito, pero de feitos, pouco”. Por iso, consideran inxustas as afirmacións do alcalde sobre unha suposta marxinación de Xove por parte da Deputación.
Os socialistas reivindican igualmente o traballo da súa concelleira, que conta cunha única acta na corporación, e subliñan que os resultados “chegan a través da xestión, da oposición e do control”, funcións para as que foi elixida pola veciñanza. Conclúen afirmando que Xove “necesita máis” e que o PSdeG está disposto a seguir traballando para conseguilo.



















A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



