Aleix participaba na tarde do sábado nas semifinais de 300 m.l., onde partía coa 25ª mellor marca. Cunha climatoloxía non óptima debido á excesiva calor e ó vento reinante, o ribadense obtiña a 4ª posición da súa serie cun rexistro de 37,88 seg., o que o levaría a rebaixar a súa mellor marca e a entrar dentro dos 15 mellores atletas españois da disciplina.
Con esto Aleix pon remate a unha grande tempada onde a nivel individual acadou 4 medallas de prata en campionatos galegos, un 10º e un 15º posto en campionatos españois, e a nivel equipo 1 medalla de bronce nacional e 3 medallas de ouro a nivel galego. Resultados moi satisfactorios tendo en conta as condicións diarias de adestramento de Aleix, en pistas de terra e estradas de asfalto, acudindo únicamente un día á semana a unha pista de atletismo.