Ribadeo 3-7-18. O atleta ribadense Aleix Díaz Salas vén de participar esta fin de semana no Campionato de atletismo de España Sub 16, obtendo un bo resultado.
Aleix participaba na tarde do sábado nas semifinais de 300 m.l., onde partía coa 25ª mellor marca. Cunha climatoloxía non óptima debido á excesiva calor e ó vento reinante, o ribadense obtiña a 4ª posición da súa serie cun rexistro de 37,88 seg., o que o levaría a rebaixar a súa mellor marca e a entrar dentro dos 15 mellores atletas españois da disciplina.
Con esto Aleix pon remate a unha grande tempada onde a nivel individual acadou 4 medallas de prata en campionatos galegos, un 10º e un 15º posto en campionatos españois, e a nivel equipo 1 medalla de bronce nacional e 3 medallas de ouro a nivel galego. Resultados moi satisfactorios tendo en conta as condicións diarias de adestramento de Aleix, en pistas de terra e estradas de asfalto, acudindo únicamente un día á semana a unha pista de atletismo.
