Neste senso, dende o BNG de Foz rexeitamos que o Concello de Foz deba asumir a limpeza e desinfección dos centros educativos pola Covid antes e durante o curso escolar, o que supón un importante desembolso económico, sen recibir o financiamento axeitado por parte da Xunta de Galicia. A responsabilidade de limpeza e mantemento dos colexios, por lei si é competencia das entidades locais, mais as tarefas de desinfección, non son competencia dos concellos, e facelo ademais sen ningún tipo de achega económica e inaceptable. A Xunta non oferta ningún recurso económico, polo que os concellos, tamén o de Foz serán os que teñen que afrontar todo ese custe e por riba a organización do traballo.
Por todo o GRUPO MUNICIPAL DO BNG DE FOZ PROPON QUE O PLENO DO CONCELLO
1. Inste a Xunta de Galiza a que asuma a desinfección Covid dos centros de ensino do Concello de Foz.
2. No caso de persistir en transferir aos Concellos esta tarefa impropria, que a Xunta aporte ao Concello de Foz os recursos económicos necesarios xa que non é competencia do Concello.