Foz, 22 de setembro, 2020. Na xestión da crise sanitaria pola Covid 19 a estratexia da Xunta ten sido delegar e impoñer de xeito irresponsable e indebido moitas veces nos concellos. No inicio do curso e tras a elaborar un protocolo por dous ex conselleiros que mesmo non contan xa no novo goberno debido a sua nefasta xestión, deixa ás entidades locais sen recursos para afrontar as medidas necesarias de cara á prevención e contención da Covid-19. Tendo en conta que as competencias exclusivas en sanidade son da comunidade autónoma segundo establece o Estatuto de Autonomía, semella incrible que a Xunta obrigue a asunción destas competencias claramente impropias.
Neste senso, dende o BNG de Foz rexeitamos que o Concello de Foz deba asumir a limpeza e desinfección dos centros educativos pola Covid antes e durante o curso escolar, o que supón un importante desembolso económico, sen recibir o financiamento axeitado por parte da Xunta de Galicia. A responsabilidade de limpeza e mantemento dos colexios, por lei si é competencia das entidades locais, mais as tarefas de desinfección, non son competencia dos concellos, e facelo ademais sen ningún tipo de achega económica e inaceptable. A Xunta non oferta ningún recurso económico, polo que os concellos, tamén o de Foz serán os que teñen que afrontar todo ese custe e por riba a organización do traballo.
Por todo o GRUPO MUNICIPAL DO BNG DE FOZ PROPON QUE O PLENO DO CONCELLO
1. Inste a Xunta de Galiza a que asuma a desinfección Covid dos centros de ensino do Concello de Foz.
2. No caso de persistir en transferir aos Concellos esta tarefa impropria, que a Xunta aporte ao Concello de Foz os recursos económicos necesarios xa que non é competencia do Concello.
