Os senadores dirixen formalmente preguntas na Cámara Alta para saber se Alcoa está entre as beneficiarias, a contía que recibirá e as razóns no caso de ser denegaba
A Mariña, 11 de setembro de 2025. O PP lucense pregunta ao Goberno de Sánchez dende o Senado se a factoría de Alcoa San Ciprián está entre os beneficiarios das axudas de compensación por custes das emisións indirectas de CO2. Os senadores populares José Manuel Balseiro, José Manuel Barreiro e Juan Serrano teñen formulado de forma oficial esta cuestión ao Ministerio de Industria e Turismo interesándose por coñecer a contía e, no caso de ser rexeitada esta axuda, esixen as explicacións ao Goberno de Sánchez sobre os motivos da denegación.
Balseiro explica que o ministro de Industria, Jordi Hereu comprometeuse a mobilizar 600M€ neste ano 2025 ao abeiro deste mecanismo “esencial para axudar á industria electrointensiva na transición enerxética, asegurando a súa competitividade, a produción e o emprego”; aínda que lembra que o compromiso podería ser moito máis ambicioso xa que “o Estado podería dirixir ata 900M€” a esta finalidade.
Nese sentido, o Partido Popular ten reclamado en diversas cámaras que o Goberno “aumente a dotación orzamentaria das axudas de compensación de custos de emisións indirectas de CO2 ata o máximo legalmente permitido pola normativa europea”, en concreto, ata o 25% dos ingresos a compensacións por custes das emisións indirectas de gases efectos invernadoiro polo que á industria electrointensiva española lle corresponderían preto de 900M€.
O senador mariñán explica que “non se trata de dar un trato privilexiado a Alcoa”; xa que este mecanismo de apoio existe en todos os países da Unión Europea e é un factor determinante para garantir a competitividade da industria electrointensiva. Iso si, “España forma parte dos países que menos recursos destinan en favor da empresas que operan no seu territorio”.
O senador mariñán lembra tamén os “constantes incumprimentos de Sánchez cos traballadores da factoría mariñá coa complicidade do PSOE e do BNG”. E, pon como exemplo, a autorización dos parques eólicos de competencia estatal vinculados a contratos a longo prazo para a produción de enerxía a prezos competitivos (PPAs) que “continúan bloqueados a pesar de ser prometidos por Besteiro en decembro do 2023 e reiterado en xullo do 2024 que serían autorizados en cuestión de días”. Pola súa banda, “a Xunta si cumpre o que promete e ten autorizado os parques da súa competencia e a ampliación da balsa de lodos”.
Tamén sinala que outro factor desilusiónante foi cando “o Goberno de Sánchez prometera un novo estatuto electrointensivo, pero acabou aprobando un que da menos axudas que se reparten entre máis empresas, polo que Alcoa sae perdendo”. E engade que “tamén ten incumprido constantemente o acordo sobre a convocatoria da mesa de seguimento, que non reúne coa periodicidade prometida”.
Balseiro insiste en que o obxectivo final é reclamar “un marco eléctrico estable e competitivo á industria electrointensiva, como fan no resto de países da Unión Europea”.





















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



