Santiago, 21 de setembro de 2020. O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avogou hoxe porque administracións e empresas colaboren para chegar a un acordo na adquisición da factoría de Alcoa por parte da empresa Liberty House. Neste sentido, o PPdeG defenderá no Pleno desta semana unha proposición non de lei a través da que se demanda ao Goberno do Estado que os proxectos do plan industrial de Liberty House para as fábricas de Alcoa poidan optar ao Fondo Europeo de Recuperación, ao tempo que se fixe un prezo eléctrico competitivo, que pase pola aprobación dun estatuto para consumidores electrointensivos, o incremento das compensacións por custos indirectos de CO2 e un novo sistema de xestión da demanda que substitúa á poxa por interrumpibilidade.
Pedro Puy informou que na sesión plenaria de mañá procederase ao xuramento ou promesa dos novos deputados do Grupo Popular Rubén Lorenzo Gómez, Teresa Egerique Mosquera, Marta Rodríguez-Vispo Rodríguez e José Luís Ferro Iglesias; que veñen ocupar as vacantes que deixan Gonzalo Trenor, Marta Fernández Tapias, Gabriel Alén e Antonio Rodríguez Miranda.
Así mesmo, o Grupo Popular defenderá neste Pleno dúas proposicións non de lei “de máxima actualidade e sobre as que sería bo que o Parlamento acadara un acordo”. En primeiro lugar, Puy explicou que se solicita ao Goberno do Estado “a retirada da limitación das taxas de reposición do persoal sanitario público, permitindo ofertar todos os postos necesarios para poder actuar ante a pandemia da Covid-19”.
Lembrou que o Goberno galego “sempre chegou ao tope máximo autorizado para a reposición das prazas vacantes no Servizo Galego de Saúde, pero, diante da situación de emerxencia sanitaria que estamos a vivir, non chega con estas incorporacións”.
O portavoz popular engadiu que a retirada desta taxa de reposición “permitiría ao Goberno galego presentar unha oferta pública de emprego de máis de 3.500 prazas no ámbito sanitario, que permitiría cubrir as necesidades do Servizo Galego de Saúde especialmente naquelas categorías nas que hai unha maior necesidade, como medicina familiar ou pediatría; e reforzar as plantillas, sobre todo en hospitais comarcais e centros sanitarios illados, nun momento no que a epidemia da Covid-19 fai que estean especialmente esixidos”.
PREZO ELÉCTRICO COMPETITIVO
Unha segunda proposición non de lei do Grupo Popular ten como obxectivo que o Goberno de España fixe un prezo eléctrico competitivo, que pase pola aprobación dun estatuto para consumidores electrointensivos, o incremento das compensacións por custos indirectos de CO2 e un novo sistema de xestión da demanda que substitúa á poxa por interrumpibilidade.
Porén, Puy incidiu na situación que está a vivir a factoría de Alcoa en San Cibrao e as conversas que existen coa empresa Liberty House para a súa adquisición. Neste sentido, subliñou que “a Xunta xa expresou a súa máxima colaboración para colaborar e formar parte da solución definitiva, pero é preciso que as dúas empresas tamén poñan da súa parte para chegar a un acordo”.
Neste ámbito, esta proposición non de lei do Grupo Popular solicita ao Goberno do Estado que os proxectos do plan industrial de Liberty para as fábricas de Alcoa poidan optar ao Fondo Europeo de Recuperación.





















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



