Site icon Crónica3.com A Mariña

Este xoves celebrarase unha xuntanza para elaborar o informe da inspección de traballo, indispensable antes de que Alcoa poda aplicar o ERE

Esta xuntanza manterase cos representantes dos traballadores ás 16:15, non descartando facelo conxuntamente coa empresa en caso de que xurdan incongruencias entre as partes. Mentres, os 3 sindicatos preparan a medida cautelar que agarda por informes independentes para aportar máis peso á demanda, xa que unha vez presentada a resolución, debe facerse efectiva en 72 horas. Pola súa banda, este mércores Alcoa rachou unilateralmente as negociacións dos servizos mínimos da folga indefinida, pretendendo cambiar as condicións dos mesmos.

Exit mobile version