Esta xuntanza manterase cos representantes dos traballadores ás 16:15, non descartando facelo conxuntamente coa empresa en caso de que xurdan incongruencias entre as partes. Mentres, os 3 sindicatos preparan a medida cautelar que agarda por informes independentes para aportar máis peso á demanda, xa que unha vez presentada a resolución, debe facerse efectiva en 72 horas. Pola súa banda, este mércores Alcoa rachou unilateralmente as negociacións dos servizos mínimos da folga indefinida, pretendendo cambiar as condicións dos mesmos.
