Isabel Rodríguez explicou que Costas está a executar a segunda fase da escollera da área de A Choza que forma parte das actuacións previstas este ano dentro do plan de conservación e mantemento.
A subdelegada manifestou que “con toda seguridade, estas melloras, que nos demandara o Concello, van redundar no aproveitamento da zona por parte dos veciños”.
Tamén explicou que “esta intervención é complementaria dos traballos que xa se executaran o ano pasado coa finalidade de resolver a degradación nalgunhas infraestruturas existentes na zona”.
As obras que acaban de executarse supuxeron un investimento aproximado de 60.000 euros, e complementan os traballos realizados no ano 2019, nos que se investiran outros 45.000 euros e que, entre outras intervencións, supuxeron o dragado de lodos para facilitar a navegación.