Lugo, 1 de decembro de 2020. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, visitou hoxe as obras realizadas polo Ministerio de Transición Ecolóxica e para o Reto Demográfico, a través da Dirección Xeral da Costa e o Mar, na zona da área recreativa de A Choza en Trabada. Na visita estivo acompañada pola alcaldesa, Mayra García Bermúdez, e polo xefe provincial da Demarcación de Costas do Estado, José Miguel Estevan.
Isabel Rodríguez explicou que Costas está a executar a segunda fase da escollera da área de A Choza que forma parte das actuacións previstas este ano dentro do plan de conservación e mantemento.
A subdelegada manifestou que “con toda seguridade, estas melloras, que nos demandara o Concello, van redundar no aproveitamento da zona por parte dos veciños”.
Tamén explicou que “esta intervención é complementaria dos traballos que xa se executaran o ano pasado coa finalidade de resolver a degradación nalgunhas infraestruturas existentes na zona”.
As obras que acaban de executarse supuxeron un investimento aproximado de 60.000 euros, e complementan os traballos realizados no ano 2019, nos que se investiran outros 45.000 euros e que, entre outras intervencións, supuxeron o dragado de lodos para facilitar a navegación.


















A clínica focense comprométese coa entidade laranxa e segue garantizándonos o bo estado de saúde dos nosos dous planteis.
Na reunión tratáronse as principais necesidades do municipio e exploráronse posibles vías de colaboración desde a Xunta para levar a cabo iniciativas conxuntas, no marco do compromiso do Goberno galego co eido local.
Xunto aos asistentes estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, que lles agradeceron que escolleran a vila ribadense para a celebración deste encontro.
Á tarde foi a sesión regato nas Escolas vellas de Cervo da man de Caxoto coa colaboración de Tarabela Creativa e Airiños do Xunco. Pola noite foi a quenda da sesión Río para público adulto no local Social da asociación de veciños do Burgo de Trasbar da man de Dani Blanco.
Félix Jorquera entrevistou ao alcalde, Fran Cajoto; ao concelleiro de Relacións Institucionais, Comunicación e Coordinación de Axenda 2030, Carlos García; os presidentes do CB Celtas de Foz e do CD Foz, Carmen Alonso e Asier Burundarena; e á dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo un balance do verán, que está a piques de rematar, e que foi moi positivo para Foz, segundo subliñaron os participantes, analizou os proxectos para os vindeiros meses e pulsou o deporte local.
Convida a retomar unha vida activa tras o verán facilitando a inscrición con matrícula gratuíta e, para os máis indecisos unha proba de 3 días gratis para coñecer o centro deportivo e os seus servizos.
Unha selección de obras cheas de cor, creatividade e expresividade de Xosé López Losada "Xolo". Unha viaxe artística a través de máis de 70 cadros, onde cada peza conta a súa propia historia. Poderá visitarse ata o 30 de setembro.



