Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación informa do resultado negativo de todas as probas do cribado realizado o sábado no Centro de Atención a Maiores de Trabada

Foto de arquivo

Lugo, 4 de xaneiro de 2021. A Deputación de Lugo tivo coñecemento no día de hoxe de que o cribado periódico que realizaron o pasado sábado as autoridades sanitarias no Centro de Atención a Maiores de Trabada ofreceu como resultado que toda a comunidade da residencia deu negativo, excepto unha persoa traballadora, un caso que podería tratarse dun falso positivo. Co fin de determinar canto antes se realmente era ou non un positivo, a institución provincial, a maiores das medidas indicadas polo SERGAS, decidiu realizarlle a esta persoa, esta mesma mañá, unha PCR con recursos propios, nun centro de diagnóstico lucense autorizado pola Xunta de Galicia, que consta inscrito no Rexistro de Centros Sanitarios. O RESULTADO DESTA PROBA PCR FOI NEGATIVO, CO CAL, á espera das probas que tamén lle fará hoxe o SERGAS, QUEDA CONFIRMADO QUE SE TRATOU DUN FALSO POSITIVO. POLO TANTO, A RESIDENCIA DE TRABADA SEGUE LIBRE DE COVID-19.

A Deputación de Lugo continúa coa súa política de máxima transparencia e de resposta inmediata con cribados ante calquera caso positivo ou sospeitoso de selo para protexer a saúde dos traballadores e traballadoras da institución, así como dos usuarios e usuarias dos servizos públicos que ofrece, e de todas as persoas que acceden ás dependencias provinciais, garantindo, ao mesmo tempo, a continuidade e a normalidade na prestación dos servizos.

Exit mobile version