Site icon Crónica3.com A Mariña

O atleta ribadense, Brais Díaz Salas, convocado para unha sesión técnica de lanzamentos da Federación galega

Ribadeo, 8 de maio, 2021. Brais acaba de ser convocado este venres, mediante circular da Federación galega de atletismo, a unha concentración do sector de lanzamentos. Dita concentración terá lugar o vindeiro sábado 15 de maio no Estadio Inef Galicia, en Bastiagueiro (A Coruña). O director da Xornada será Raimundo Fernández Vázquez. Como coordinador estará José Domínguez Caballero e como adestradores de especialidade, Frank Casañas (Disco e Peso), Raimundo Fernández (Xavelina).

Con esta convocatoria Brais ve recompensado o gran traballo levado a cabo ata a data, aportando como currículum ser Campión galego sub16 de lanzamento de peso en pista cuberta, primeiro no ranking galego en lanzamento de peso e segundo en lanzamento de xavelina.

Exit mobile version