Ribadeo, 23 de maio, 2022. O atleta ribadense Brais Díaz Salas, que milita nas filas do Club Atletismo Narón, participou na xornada deste domingo no Campionato Galego Sub18 de atletismo ó ai... Ler máis
Ribadeo, 20 de febreiro, 2022. O atleta ribadense Brais Díaz Salas, pertencente ó Club Atletismo Narón, participou na tarde de ontes no Campionato galego sub18 de atletismo en pista cuberta,... Ler máis
Ribadeo, 1 de xaneiro, 2022. Rematada a temporada 2021, o atleta ribadense Brais Díaz Salas da un xiro na sua vida deportiva, mediante o cambio de club. Brais iniciouse como atleta nas Escol... Ler máis
Ribadeo, 10 de outubro, 2021. O atleta ribadense, pertencente á Escuela atlética lucense, participou esta fin de semana no Campionato de España de atletismo Sub16 por autonomías celebrado en... Ler máis
Ribadeo, 26 de setembro, 2021. O atleta ribadense foi convocado novamente para unha sesión técnica do sector de lanzamentos. Dita sesión terá lugar o vindeiro sábado día 2 de outubro no Esta... Ler máis
Ribadeo, 8 de setembro, 2021. A Federación Galega de Atletismo fixo pública a circular na que se fai público o listado de atletas seleccionados para representar a Galicia no Campionato de Es... Ler máis
Ribadeo, 8 de maio, 2021. Brais acaba de ser convocado este venres, mediante circular da Federación galega de atletismo, a unha concentración do sector de lanzamentos. Dita concentración ter... Ler máis






















Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en
O evento reunirá artistas e agrupacións que representan a tradición musical da zona, nunha xornada pensada para reivindicar a historia sonora do Val e o legado das súas xeracións de músicos. A programación inclúe un obradoiro musical gratuíto para nenos de 5 a 12 anos, unha mesa redonda moderada polo escritor Lionel Rexes e unha ampla quenda de concertos con participación de intérpretes e grupos vinculados ao territorio. Durante todo o festival poderá visitarse a exposición fotográfica Aquí segue soando a música, que recolle imaxes antigas e actuais para mostrar a evolución musical da comarca desde comezos do século XX ata hoxe. A iniciativa conta coa colaboración do Concello do Valadouro, o Concello de Alfoz, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o CENTRAD.



