Site icon Crónica3.com A Mariña

Continúan as Noites Alternativas de Cervo

Este xoves na Praza do Souto, houbo teatro da man do grupo Tarabela Creativa, dentro da programación das Noites Alternativas de Verán que programa o Concello de Cervo durante os meses de xullo e agosto, e que están a ter unha gran acollida. Esta fin de semana -sábado e domingo- as persoas que o desexen terán á súa disposición bicis eléctricas de balde na Praza do Souto, para descubrir ou redescubrir os atractivos do municipio sobre dúas rodas. Será en horario de 11:30 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:00 horas.

Exit mobile version