Este xoves na Praza do Souto, houbo teatro da man do grupo Tarabela Creativa, dentro da programación das Noites Alternativas de Verán que programa o Concello de Cervo durante os meses de xullo e agosto, e que están a ter unha gran acollida. Esta fin de semana -sábado e domingo- as persoas que o desexen terán á súa disposición bicis eléctricas de balde na Praza do Souto, para descubrir ou redescubrir os atractivos do municipio sobre dúas rodas. Será en horario de 11:30 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:00 horas.
Continúan as Noites Alternativas de Cervo
Continúan as Noites Alternativas de Cervo
Relacionado
-
A Deputación recoñece o gran labor social de Saúde Mental A Mariña no seu 25 aniversario
-
Cervo acollerá a mostra Photo Xuntanza e tamén un curso gratuíto de fotografía neste mes de maio, na sala das Carboeiras en Sargadelos
-
O Concello de Cervo acondiciona e mellora un camiño que dá acceso ás fincas, no núcleo de Abrigo, na parroquia de Rúa